martes, 22 de marzo de 2016

Un filme cada semana... ou cada mes: "A rapaza danesa"


Esta película acontece en Dinamarca, nos anos 20.

Unha parella de pintores formada por Einar y Gerda Wegener. Un día, por casualidade Gerda  lle pregunta a o seu marido se non lle  importaría poñerse as medias e os zapatos de muller e facer de modelo para ela. Isto fixo espertar en Einar, que o seu corpo non era o de un home, se non o dunha muller. 
Ao  principio lles resultaba divertido, adoptar unha apariencia femenina. Despois non o será tanto para Einar. A partir diso a vida do matrimonio dará un enorme xiro e terán moitos problemas na súa relación sentimental. Einar se convertirá en Lili Elbe. A súa  decisión final será la de facerse una operación de cambio de sexo, converténdose no primeiro home  en cambiar de sexo.

Recoméndovos ver esta película, xa que é moi boa, porque está baseada  nuns feitos reais.
Trata un tema que naquel intre era moi raro de ver, e agora  xa é algo máis común entre nós.
Parecéume unha historia impactante e impresionante en sí, pero o que máis me impactou de todo foi o seu final, por iso a tedes que ir ver.

Claudia Sande, 3º ESO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario