NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO.
CIENTÍFICOS GALEGOS QUE PASARON POLO “INSTITUTO DA GUARDA”.
(Foto tomada do artigo de R. Gurriarán abaixo citado)
Couceiro
Corral, Pedro: A Coruña, 1905; Montevideo, 1982. Bioquímico, experto en bioquímica aplicada.
Estuda o bacharelato no Instituto da Coruña. Refírese a el o seu compañeiro
Emilio González López (na súa biografía). Investigou no tema da oxidación
celular. Foi moi amigo de Parga Pondal. Viaxou e investigou en Alemaña
(concretamente en Múnic , onde traballa
a carón do Premio Nobel Wieland [1927], cunha bolsa da Universidade de Santiago
para ampliar estudos en Síntese de hidratos de carbono) e mais en Inglaterra;
tamén traballou en Madrid. Fiel á República, exíliase un tempo en París
(Instituto Pasteur) e logo pasa o charco, establecéndose en Uruguai, onde
seguiu sempre investigando e logrando aplicacións importantes na industria.
Deulle clase, entre outros a Gustavo Varela Gutiérrez de Caviedes, profesor que
foi do noso Instituto (temos foto súa, acompañado doutros profesores, coa promoción do ano 1937). O prof. Varela
(quen por certo, tocaba marabillosamente as campás de Bastavales) deixou dito
del o seguinte: En Química Orgánica me dio clase Pedro
Couceiro, que era muy bueno explicando, y nos daba las clases en el
laboratorio, pues eramos pocos. Recuerdo que en el preparatorio estaban
preocupados por la cuestión política [curso 1928-29].
[Datos elaborados por Mª Isabel Ruso e Mª
Rosario Soto; a maior parte desta información está atirada do artigo de Ricardo
Gurriarán, en: http://consellodacultura.gal/album/Theme/bio.php?id=78&album=aj].
Ningún comentario:
Publicar un comentario