luns, 29 de decembro de 2014

UN LIBRO CADA SEMANA



UN LIBRO CADA SEMANA

SEMANA DO 29 AO 2 DE DECEMBRO DO 2014

Hoxe aconséllovos que leades os relatos de Mario Benedetti. A edición de Alianza que teño na man é especialmente recomendable: “Cuentos. Edición ampliada y actualizada”, 2004. A selección de contos faina o propio autor. A receita destas pequenas obras mestras non é teoricamente difícil de enunciar: un bo tema ou subtema, unha sutil ironía nunca exenta de tenrura e unha linguaxe clara, moi pouco barroca.
Évos un libro redondiño: eu paseillo aos meus e tamén a unha amiga e ningún dos catro se sentiu decepcionado. Moi ao contrario. Son deses libros de mesiña de luz que se van relendo con ollos amorosos. Toca os temas de sempre: o amor pola cidade, Montevideo –onde vemos que camiñan homes con apelido galego, Varela por exemplo, por rúas non menos galeguistas, Pereyro, entre outras-, a amizade, o deporte nacional, a parella, os defectos da pequena burguesía, e a política. As feridas imposibles de cicatrizar que deixou a ditadura en moitos seres humanos sonnos presentadas con delicadeza certeira. Somos conscientes do horror, sorprendémonos unha vez máis de nós.
E hai moita metalinguaxe. Neste sentido hai un pequeno conto, unha xoia de fino humor lingüístico, engarzado arredor da fraseoloxía, que igual reutilizo eu calquera día nunha clase de lingua, é “El puercoespín mimoso”. Cópiovos un parágrafo. Xa remataredes vós a súa lectura.
 (Mª Rosario Soto Arias, membro do equipo da Biblioteca do IES 'Eusebio da Guarda')
 
-Esta mañana –dijo el profesor- haremos un ejercicio de zoomiótica. Ustedes ya conocen que en el lenguaje popular hay muchos dichos, frases hechas, lugares comunes, etcétera, que incluyen nombres de animales. Verbigracia: vista de lince, talle de avispa, y tantos otros. Bien, yo voy ahora a decirles datos, referencias, conductas humanas, y ustedes deberán encontrar la metáfora zoológica correspondiente. ¿Entendido?
-Sí, profesor.
-Veamos entonces. Señorita Silva. A un político, tan acaudalado como populista, se le quiebra la voz cuando se refiere a los pobres de la tierra.
-Lágrimas de cocodrilo.
-Exacto. Señor Rodríguez. ¿Qué siente cuando ve en la televisión ciertas matanzas de estudiantes?
-Se me pone la piel de gallina.
-Bien, señor Méndez. El nuevo ministro de Economía examina la situación del país y se alarma ante la faena que le espera.
-Que no es moco de pavo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario