luns, 22 de decembro de 2014



UN LIBRO CADA SEMANA
SEMANA DO 22 AO 26 DE NADAL DO 2014
Fixádevos que coincidencia: estamos no Nadal e tráiovos un libro que transcorre na neve.
Un libro que me encantou, por certo. E non pensedes que é doado que me entusiasme unha obra de literatura xuvenil (cada cousa no seu tempo: cando tiña 13, 14, 15..., devoraba a Verne e a Baroja, en xeral devoraba toda novela que caía nas miñas mans, agora fíxenme máis selectiva, évos a vida). Titúlase Nox perpetua e o autor é Javier Negrete. Non é publicación recente, claro que dá o mesmo. Gústame todo: o contexto, os personaxes –pouquiños-, o misterio. E sobre todo atráeme o tema porque me identifico perfectamente coas ideas que expresa o autor. A pura forza do espírito move ao ser humano: un soño, a admiración ao seu mestre, o amor á muller. Máis nada. Pero aí está todo.
O título, Noite perpetua en galego, está tomado dun poema de Catulo. Espero que vos guste, se vos animades a lelo.
 Mª Rosario Soto Arias, membro do equipo da Biblioteca do IES Eusebio da Guarda.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario