martes, 9 de decembro de 2014

UN LIBRO CADA SEMANA



UN LIBRO CADA SEMANA
SEMANA DO 15 AO 19 DE DECEMBRO


Mark Twain,  Un ianqui por Europa camiño de Terra Santa.

   Sempre me gustou a literatura de viaxes, é unha cómoda forma de viaxar sen moverse do sillón. E sempre me gustou Mark Twain porque me encantan os escritores con sentido do humor. As crónicas das viaxes polo mundo deste marabilloso autor ofrecen ambas as dúas cousas: viaxes e sorrisos (gargalladas ás veces). Hoxe coméntovos brevemente Un ianqui por Europa camiño de Terra Santa onde Twan fai a crónica desa longa peregrinaxe, sempre cunha visión crítica do que se vai atopando: xentes, paisaxes, costumes.  Na obra está o mellor Twain:
Irreverente: ...Quero dicir catro palabras referentes a Miguel Anxo Buonarrotti. Eu soía adorar o espléndido xenio de Miguel Anxo -ese home grande en poesía, escultura, pintura e arquitectura-, grande en canto emprendeu. Pero non quero a Miguel Anxo como almorzo, comida, cea...(...) en Xénova,el proxectouno todo. En Milán, el ou os seus discípulos proxectárono todo (...)En fin, ese eterno latoso proxectou a Cidade Eterna e, se non menten os homes e os libros, pintou todo canto nela hai.(...). Nunca  me sentín tan fevorosamente agradecido, tan calmado, tan tranquilo , tan cheo de paz  ,coma onte, cando me enteirei de que MiguelAnxo estaba morto.
Autocrítico: Unha pequena mesquita está no lugar antano ocupado, segundo a tradición, poa vivenda da viúva. Dous ou tres árabes anciáns están sentados á entrada. Entramos  e  os "peregrinos" arrincaron mostras dos muros (...). Era case o mesmo que arrincar anacos do corazón daqueles vellos árabes.
Reflexivo: Lagartos grises -eses herdeiros das ruínas e da desolación- móvense entre as rochas ou toman o sol, inmóbiles. Ali onde reinou e sucumbiu a prosperidade, onde houbo alegría e hai tristeza, onde brillou a pompa da vida, substituída agora polo silencio e a morte, alí establece o seu fogar o lagarto e búrlase da vaidade humana.
   Ás veces, porén, alguhas das súas observacións sobre a xente que se  vai atopando resultan pouco respectuosas;aforro exemplos, que atoparedes en abundancia ao longo da obra e que, aínda tentando entendelas como froito dunha mentalidade doutros tempos, son o que afea unha obra, polo demais, moi recomendable.
(Susana Piensos, prof. de Lingua Galega e Literatura no IES 'Eusebio da Guarda).
 


:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::





UN LIBRO CADA SEMANA


SEMANA DO 9 AO 12 DE DECEMBRO


The lovely bones”


“The lovely bones”, “Desde mi cielo” en español (traducida por Aurora Echevarría Pérez) é unha novela dramática curta da escritora estadounidense Alice Sebold. Trátase da historia de Susie Salmon, unha nena de catorce anos que é secuestrada, violada e asasinada polo seu veciño. A partir do momento en que ela morre, ascende ao ceo, onde narra a súa historia e observa os seus pais e amigos. A súa tráxica morte impídelle seguir adiante e tena amarrada á terra, coa que aínda mantén un vínculo, xa que ás veces o seu irmán é capaz de vela e incluso ela mesma remata por adoptar o corpo dunha amiga e volver ao mundo por unhas horas.

O feito de que sexa unha morta a que conta a historia pode lembrarnos a obra de Castelao, “Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete”, onde o narrador é un defunto que lembra secuencias da súa vida.

Tamén Manuel Rivas adopta o punto de vista dunha persoa que acaba de falecer  no seu relato “Que me queres, Amor?”.
                                                               Sabrina Sugueti, 2º bacharelato.


Ningún comentario:

Publicar un comentario