UN LIBRO CADA SEMANA
SEMANA DO 10 AO 14 DE NOVEMBRO
Ola, son Arturo Fernández Girón. Un libro que
acabo de ler e que me gustou moito é "Sinsajo",
a terceira parte de "Los juegos del hambre",
a triloxía da autora estadounidense Suzanne Collins. Para entender ben o
interese que ten este libro, tes que entrar en materia, tes que partir do que
ocorre no segundo libro. Aí, ela volve aos Xogos... Ela e mais o seu compañeiro
Pita (Peeta). Cada 25 anos fan unha vasalaxe (ou, en inglés, Quarter Quell),
uns xogos especiais... Pero o que tes que saber é que ela, a prota –Katiniss
Everdreen- loita contra o Capitolio, a opresión. E non, non está soa nesa
loita.
Na terceira parte empeza unha nova guerra, o
seu ex noivo planea poñer unha bomba... Non imos rebentar o final.
A historia transcorre nos EEUU nun futuro
próximo. O que importa é que o libro está ben escrito e que engancha. Todos
están na biblioteca, eu collinos de aquí. Pero agora tamén os teño na casa
porque mos van regalando. Nesta serie hai de todo: hai amizade, amor, e sobre
todo, ela é moi valente. Non lle importa sacrificarse, por exemplo, para salvar
á súa irmá (loita no seu lugar, na area só pode quedar un ser vivo e cando vai
en lugar da irmá –que daquela só ten 12 anos- había realmente moito tempo que
non se presentaba ninguén como voluntario...).
Eu creo que a sociedade dese futuro que
retrata o libro é peor ca esta. Hai distritos, non todos viven igual. Hai 13
distritos. O 1º é moi rico, no 12º xa hai moita pobreza. As diferenzas son
brutais, e danse todas dentro do país. Que se hai esperanza? Diría que hai un
xermolo de esperanza. A xente coma ela, a xente nova.
Ademais, outro motivo para que che guste, é
que hai pelis. Hai versión cinematográfica.
(Arturo
Fernández Girón, 3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario