venres, 1 de marzo de 2019

Un filme cada semana..ou cada mes..."Blue Jasmine"

 
 É unha historia que  presenta feitos reais, ensínanos como vidas asentadas e supostamente seguras se poden volatilizar en segundos. Debemos aprender que nada é seguro, e menos algo tan variable como a economía. Nesta película vemos as dúas caras da moeda, representadas nunha mesma familia, en concreto dúas irmás; unha  é educada, lista, guapa, e sabe moverse na alta sociedade; a outra vive nun barrio común, ten un traballo común e non ve máis alá da súa vida...O destino da primeira acaba aproximándoa ao xeito de vida da segunda, provocando un dramático final.
                                        Juan Pardo Lage. 1º Bacharelato Adultos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario