Comentario
crítico da obra Sara Martínez, 2º Bacharelato
Senlleiras
é
unha obra que, independentemente da opinión do lector, non deixa
indiferente a ninguén. Isto é debido non só ó cru tema que trata,
a violencia de xénero, senón tamén polo mestría coa cal o trata.
Antía Yáñez emprega nesta novela o punto de vista de,
esencialmente, dúas mulleres: a primeira é Alana, una muller pobre
situada a comezos do século XX, filla dunha violación; e Alda, una
moza da más recente actualidade, influencer
e desvinculada dos seus pais. Ambas casan co que asemella ser o home
dos seus soños, e ambas vesen envoltas, deseguida, nunha relación
da que non son capaces de saír, abusadas física e psicoloxicamente
pola súa parella. A primeira persoa empregada na narración das
perspectivas destas dúas mulleres resulta terriblemente impactante
para o lector, xa que permite ver tanto a evolución destas tóxicas
relacións, dende o amor aparente ata o absoluto medo, como os
pensamentos de cada muller, case idénticos, asimilando unha
situación que xamais debería asimilarse.
Ademais disto,
emprégase os puntos de vista doutras personaxes, individuos próximos
ás protagonistas que traballan para darlle un fío a historia que
descobre o misterio da morte de Alda e une a vida desta coa de Alana,
a pesar de vivir separadas por un século.
Por
outro lado, destaco a presenza doutro tema tratado tamén nesta obra,
que non é tan evidente como o da violencia machista, mais tamén
cobrou grande importancia baixo o meu parecer: isto é, a situación
de abuso de poder que viven ambas protagonistas. Este tema non é
tratado con tanta profundidade na actualidade: loxicamente, a basta
maioría da poboación céntrase en impedir o tráxico destino que
sufriron Alana y Alda, casos ficticios que non distan en nada dos
reais. No obstante, si é destacable nesta novela.
O
abuso de poder preséntase en Alana cando coñece a un home maior ca
ela, máis culto, máis rico e, en definitiva, superior; un home do
que cría poder aprender, do que durante un longo tempo creu ter unha
débeda precisamente por esa admiración, coa cal el se valía para
menosprezala. Da mesma maneira, Alda namórase dun home con éxito e
intelixente, polo que ela séntese infantil e inexperta, e sente que
debe aprender del pois ten moito que ensinarlle.
Desta
forma, ambas vénse cegadas polo mecanismo de control e submisión
que empregan tanto Bieito, marido de Alda, como Bernabé, marido de
Alana. Estes aproveitan a situación de “inferioridade” na que se
ven as mulleres, retorcen o poder que teñen e proxéctanolo sobre
elas. Móstranse encantadores e cultos ó comezo, para conseguir unha
imaxe, un sentimento de admiración que posteriormente poidan tornar
a obediencia absoluta, porque “hei de facerlle caso, que el sabe
máis ca eu”, “el toma mellores decisións”, etc. Esta
situación repítese de forma lixeiramente sutil, sen que a autora
recalque a súa correspondencia en ambas mulleres ni a peza clave que
supón para o éxito do crime que cometen ambos homes. O abuso de
poder presente nas dúas relacións implica, sen lugar a dúbida, a
importancia do amor propio e da existencia dun respecto mutuo e
igualdade completa nunha relación: a admiración é, entre dúas
persoas, sa e normal, mais esta xamais debe superar a propia estima.
A túa parella non é mellor que ti, non sabe máis que ti e por
suposto endexamais pode antepoñer a súa opinión a túa. Cada
individuo ten una valía, e nunha parella estas se complementan. Este
foi o factor que persoalmente máis me chamou a atención, xa que á
hora de ilustrar a violencia de xénero non se sole facer fincapé
neste feito e a súa importancia, ilustrando normalmente a parella da
mesma idade e entorno.
Por
último, comentar a cálida gratitude que calquera persoa pode obter
cando le todos ese pasaxes dedicados non aos horrores deste tipo de
maltrato, senón a importancia de recordar a todas as vítimas que
leva consigo. “Senlleiras”, esa é a forma coa que Antía Yáñez
cualifica a todas esas mulleres afectadas pola violencia machista, e
repite unha e outra vez que xamais deben ser esquecidas. Mesmamente,
reflexa esta idea tamén na relación entre Alana e Alda: a historia
de Alana vive a través dos anos e volver a ser recordada un século
despois do seu suceso, permitindo que dúas persoas máis, André e
Navia, leven a súa traxedia no corazón e xamais a esquezan.
Lingua
Xa
que se trata dunha obra escrita en pleno século XXI, posúe,
maioritariamente, un galego estándar dentro da normativa, de
carácter actual e que emprega terminoloxía informal ou mesmo vulgar
dentro dos diálogos.
Non
obstante, hase destacar que se emprega un nivel de lingua totalmente
distinto nas secciones da narración situadas dentro da historia de
Alana, pois esta sitúase nunha época anterior.
Nestas
partes, atopamos o emprego dun galego non suxeito a unha normativa,
pois esta aínda non existía. Nesta época, comezos do século XX,
comeza a elaboración do coñecido actualmente como “galego
enxebrista”, un intento de normativa que buscou afastarse do
castelán ser tomar como referencia o latín na maior parte das
palabras, e que fracasou. No obstante, este non é o galego empregado
na historia de Alana, pois nela móstranse esencialmente dúas clases
sociais, a baixa e a alta, e observamos dous empregos da lingua que
reflexan a perfección a situación da lingua galega na época: a
clase baixa, Alana cando era solteira, a súa nai, Xosé,..., emprega
o galego para todo, un galego cheo de castelanismos, vulgarismos, e
totalmente fóra da normativa actual. Era o idioma que falaba a xente
do rural, a gran maioría da poboación, que non se aprendía na
escola e que normalmente limitábase á fala. Por outra parte, a
clase alta, con Bernabé, a súa familia, etc., non emprega o galego
para ningún ámbito, é máis, desprézano e considérano unha
lingua de xente pobre e inculta: no seu lugar, empregan o castelán,
si ensinado nas escolas e considerada a lingua das clases altas. A
propia Alana vese obrigada a falar castelán tras casar con Bernabé,
pois este prohíbelle empregar o galego, a súa lingua natal, “como
unha vulgar campesiña”.
Opinión
persoal
Senlleiras
é un libro duro de ler, e ese feito non pode senón honrar á autora
debido á fidelidade coa que conseguiu plasmar os horrores da
violencia de xénero. A historia da madre de Alana, violada e
repudiada; a da súa amiga, madre de Xosé, que tivo que afastar ao
seu propio fillo da violencia do seu marido; a da mesma Alana, que
viu a súa intelixencia, a súa liberdade e a súa vida arrebatadas
polo home que cría amar; a de Alda, que só buscaba amor, aceptación
e felicidade;...todas estas historias son fiadas, contadas
conxuntamente de xeito coidadoso, de forma que só ó rematar o libro
comprendes como Alana e Alda, con cen anos de diferenza entre elas,
poden estar relacionadas, e aínda máis: comprendes como, a pesar da
existencia deses cen anos, a súa situación, e a da muller en xeral,
segue sendo a mesma.
Non
podo engadir nada negativo dun libro que pode mesmo axudar a alguén
a abrir os ollos, ou a reflexionar sobre a necesidade do movemento
feminista e a defensa das mulleres contra esta clase de violencia.
Considero que a autora fixo un traballo que require habilidade
ademais de valentía, e penso que o realizou de maneira excepcional.
Como xa dixen, resultoume duro de ler, e creo que estou ben
concienciada respecto a esta clase de depreciables traxedias: é
precisamente por isto que podería recomendarlle este libro a
calquera.
Bibliografía
Ademais
do propio libro, empreguei as seguintes fontes para a realización do
comentario, especificamente a biografía da autora:
- http://editorialgalaxia.gal/autor/antia-yanez-rodriguez/
Ningún comentario:
Publicar un comentario