sábado, 2 de febreiro de 2019

Un filme cada semana...ou cada mes..."The artist"

 
 
 
  É unha película que mostra o paso do cine mudo ao sonoro. O actor George Valentin, estrela do cine mudo, a quen a vida lle sorrí, coñece a unha   rapaza chamada Peppy Miller, quen comezará de extra con George e grazas a el converterase nunha grande estrela do cine sonoro, mentres George vai desaparecendo pouco a pouco...
   É unha película fermosa, tenra e moi ben rodada, aínda que sexa en branco e negro, imitando as películas dos anos 20, que nos fai comprender o que tiveron que pasar os actores do cine mudo da época, co paso ao sonoro. Mostra o fracaso do orgullo, da soberbia, e  a importancia da paciencia, os sentimentos e o amor incondicional, incluíndo o do  can polo  seu dono.
 A película obtivo numerosos premios, e recomendamos vela porque nos fixo rir, chorar, emocionarnos, sentir medo...É boísima e, na nosa opinión, merece un dez. 
 
                                     
              Gemma Christina García  e Elena Holguín. 3º ESA.


Ningún comentario:

Publicar un comentario