A película cóntanos a historia de dúas mulleres que intentan sobrevivir aos sufrimentos da vida axudándose unha á outra. Raimunda é unha xove nai que vive na periferia de Madrid xunto á súa filla Paula e o seu home Paco, desempregado e sempre bébedo. Un bo día ocorre algo que cambia a vida das dúas mulleres....O feito une máis ás dúas e a outras mulleres, como Sole ou a veciña, Agustina. Todas tentan liberarse dun pasado que lles fixo sufrir, esquecer todo e camiñar máis fortes cara ao futuro.
O título da película, nome do tango de Alfredo la Pera, é interpretado como flamenco por Raimunda nuha festa no restaurante que dirixe.
A película gustoume moitísimo porque é complexa e está composta por moitos elementos, entre os que destacan a dor, a morte, os abusos a mulleres, pero tamén reflicte a amizade, a complicidade e o vínculo entre nai e filla. Chamoume moito a atención que está chea de ideas que se van modificando inesperadamente; o tema percíbese ao longo da película.
Recomendo o filme a todo o mundo. O ritmo é rápido, sempre pasa algo, nunca ocorre o que esperas, xoga coa imaxinación; penso que é unha película que atrapa do principio ao final. A fascinación que sentín sempre por Pedro Almodóvar como persoa é o que me levou a analizar a súa obra.
Diana Prego Arriero. 1º Bacharelato Adultos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario