venres, 7 de setembro de 2018

Un libro cada semana...ou cada mes...Caperucita en Manhattan"



      Nesta noveliña, Carmen Martín Gaite reescribe o conto tradicional dándolle un aire novo: traslada a acción a New York, "bosque" urbano onde Sara, a Caperucita do título, vai encontrando os personaxes que constrúen o argumento da historia tradicional. Están  Mister Wolf, un lobo inofensivo que se dedica á pastelaría, e a avoa, unha antiga cantante  de vida libre e bohemia. Pero, a carón deles, unha personaxe nova, miss Lunatic ( probablemente unha literaturización da figura da propia autora), que vive na Estatua da Liberdade e pasa a ser, avanzada a obra,  coprotagonista xunto con Sara. Sara é unha rapaza intelixente, soñadora, pero, sobretodo, amante da liberdade, que é a mensaxe que transmite este libriño,  cheo de humor, fantasía e alegría de vivir.
                                                                         Susana Piensos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario