O libro conta a historia da familia Otis. Os Otis van vivir a unha mansión onde se di que reside un fantasma, o cal é perigoso, segundo comenta a xente. Á familia non lle importa e deciden ir igual; a partir de aí empezan a ocorrer cousas....
Ao principio, pensei que o libro non me ía gustar pero sí que me gustou, non se "enrolla" nas descricións, cousa que me pon moi nervioso. A historia ten moitos momentos graciosos, por exemplo,cando os dous xemelgos non paran de "vacilar" ao fantasma, ou cando lle din que engraxe as cadeas para non facer ruído...Gustaríame algunha ilustración para facerse unha idea máis clara, por exemplo, dalgún personaxe, pero o libro pareceume divertido e entretido.
Gabriel Grandío Álvarez. 3º ESO V.
Ningún comentario:
Publicar un comentario