venres, 13 de xullo de 2018

Dúas novelas gráficas cada semana...ou cada mes...María y yo" e "María cumple 20 años"



   Estes dous libros   tratan de María, nena autista que vive coa súa nai e o seu avó en Canarias e pasa as vacacións co seu pai, de Barcelona, que é quen conta e debuxa a historia, autobiográfica.  A María encántalle ver como debuxa seu pai, quen lle vai debuxando á xente para que se lembre de quen son...
A historia está contada polo pai de María, que ten moita paciencia e enténdese moi ben coa súa filla; odia que a xente os mire mal. María vai, segundo pasan os anos, aprendendo a facer máis cousas, e mellor.
  A acción dos dous libros dura desde que María ten doce anos  até que ten vinte; entre ambos, hai un salto temporal de seis anos. A acción desenvólvese en Canarias e Barcelona.
   Comparando os dous libros, o primeiro pareceume moi bo e gustoume moito; o segundo non está mal, pero  paréceme un pouco repetitivo. Gústame moito que trate este tema, o do autismo, xa que me fixo aprender moito sobre el. Ademais, paréceme impresionante a relación de María co seu pai. Canto aos debuxos, parecéronme moi bos e sinxelos.
  Como ao longo do curso tivemos a oportunidade de ver a película baseada na primeira parte do cómic (podedes ver a miña recensión sobre a película no blogue, con data 1 de novembro de 2017), creo que na versión cinematográfica entendemos mellor a psicoloxía de María, énos máis fácil meternos na pel dos protagonistas e a historia resulta máis triste. Porén, no libro a historia está tamén moi ben contada.
                                                     Ismael García Martínez, 3º ESO V.

Nota: Recórdovos que podedes ler os dous libros na biblioteca do instituto.
 
 
 
 
  

Ningún comentario:

Publicar un comentario