martes, 19 de xuño de 2018

Un filme cada semana...ou cada mes..."Sufraxistas"

 
 
  A película conta a historia de Maude Watts, rapaza que traballa nunha lavandaría e que se fai sufraxista para obter máis dereitos. A película fala de como as mulleres de principios do século XX, ás que se negaba o dereito ao voto e outros máis, loitan para cambiar esta situación. Todo contado desde o punto de vista dunha muller casada, cun fillo , e cunha xornada laboral de 12 horas.
   A película é moi boa, xa que nos mostra como vivían antes as mulleres e fainos darnos conta de como avanza o mundo, grazas ao sacrificio destas mulleres. Os personaxes, especialmente a protagonista, gustáronnos moito. Resultounos  un pouco agobiante o vestiario,  imaxinarnos metidas neses corsés...
  Canto a aspectos técnicos, gustounos o uso de filtros e a fotografía en xeral, xa que dá un ambiente frío e triste, pero ao final usan filtros alegres, que transmiten a sensación de que están felices por ter gañado na loita.
 
                              Hanan Elmansouri, María Gundín e Silvia Romero, 3º ESO V:
 
 
 
 
  

Ningún comentario:

Publicar un comentario