A película está baseada nunha ópera rock, baseada, á súa vez, no Novo Testamento, e conta os últimos momentos da vida de Xesús, até que é crucificado, dándolles especial protagonismo a Xudas e a María Magdalena. A película foi rodada en 1973, en plena época hippie, e, aínda que é bastante fiel ao texto bíblico, resultou bastante atrevida naquel momento, provocando polémica pero acadando unha grande popularidade.
Para algunha de nós resultou interesante ver esta película, xa que nos aporta información sobre outra relixión distinta da nosa; outros, en cambio, coñeciamos a historia narrada, aínda que nalgúns aspectos nos resultou curiosa, por exemplo, no referido aos sentimentos de María Magdalena, ou o protagonismo concedido a Xudas.
No relativo á música, vestiario, interpretacións, etc., a opinión xeral é que nos resulta un pouco anticuada: no caso do vestiario, totalmente hippie, houbo división de opinións, así como no referido á música e a coreografía, aínda que a opinión xeral é que non nos entusiasmou que fose totalmente cantada. O que si nos gustou a todos foi a paisaxe, e a posta de sol final resultou emocionante.
3º ESO V.
Ningún comentario:
Publicar un comentario