xoves, 1 de marzo de 2018

Un libro cada semana...ou cada mes.."Na noite estrelecida"

 
 
    Trátase dunha obra de Ramón Cabanillas na que fai unha recreación poética, dende Galicia, dos vellos mitos artúricos.  A obra divídese en tres partes: "A espada Escalibor", onde fala da existencia da espada, por que apareceu e quen a puxo alí.  En "O  cabaleiro do Santo Grial" aparecen Artur, o rei que conta cos seus cabaleiros para ir ao encontro dun obxecto sagrado, e un cabaleiro, Galaaz, que vai á busca deste obxecto , só, sen espada nin escudo, sen nada que o protexa. "O  sono do rei Artur"
conta como reacciona Artur cando Galaaz  chega e conta a súa viaxe.  A finalidade é exaltar o celtismo de Galicia, que aparece nas tres partes, conforme á ideoloxía das Irmandades da Fala.
                    Andrea Amil Fernández. 2º Bacharelato Vespertino.
                                                                         
                                                        


Ningún comentario:

Publicar un comentario