Comentamos unha película alemá, que vimos en versión orixinal subtitulada, e vimos tamén o seu "remake" norteamericano. As dúas están baseadas nunha experiencia real, levada a cabo nos Estados Unidos en 1971. Un grupo de homes recibe diñeiro por facerse pasar por gardas e prisioneiros nun cárcere...o experimento acaba índoselles das mans a todos e a violencia resulta, ao final, explosiva...
A película alemá vai avanzando bastante lenta pero ao final estala a brutalidade, suavizada con algúns momentos de humor; a norteamericana ten máis ritmo pero ao final é menos violenta e máis seria. Resultou interesante ver dúas películas que tratan o mesmo tema, e gustounos a experiencia de escoitar, nunha delas, o idioma orixinal...non é tan difícil seguir unha película con subtítulos...
A mensaxe nas dúas é a violencia do ser humano en situacións límite.
3º ESO V.
Ningún comentario:
Publicar un comentario