sábado, 1 de abril de 2017

Un filme, baseado nun libro, cada semana...ou cada mes..."A esmorga"




     A película está baseada na obra de Blanco-Amor, que narra a historia de tres amigos, chamados Cibrán, Bocas e Milhomes  nun día de troula que se desenvolve na cidade de Ourense.
      Comeza describindo  unha mañá, de camino ao traballo, na que Cibrán se encontra co Bocas e Milhomes xa bébedos, aos que se xunta e cos que remata deambulando pola  zona na que viven, parando en tabernas, prostíbulos e demais, deixando tras de sí un rego de desfeitas que acaba con eles de maneira tráxica a causa do alcohol.
       Na miña opinión, esta película reflicte moi ben o que se quere transmitir con ese ambiente de tristura dos personaxes, no que se mestura o alcohol, a choiva, a dureza do traballo diario..., manténdose moi fiel á idea que mostra Blanco-Amor na súa obra. En canto ao aspecto audivisual, representa perfectamente ese ambiente escuro da película, coa paisaxe  típica galega, e os locais de alterne nos que se respira a soidade dos personaxes no medio da xente.
   Aínda que se caracterice por ese sentimento de angustia e tristura, como xa dixen, creo que é un filme digno de ver.
                                                                 
                                                Adrián Soutullo Pandelo, 2º B Bacharelato Nocturno. 


1 comentario: