Nesta séptima entrega de láminas sobre paxaros feitas por Rodrigo López Pérez, alumno de segundo de bacharelato nocturno, remata o apartado "Saíndo ao campo", para seguir coas auténticas "Forzas aéreas da Natureza". Esperamos que a disfrutedes!
xoves, 27 de abril de 2017
mércores, 26 de abril de 2017
Exposición sobre Leonardo Torres Quevedo
Powered by
Issuu
Publish for Free
luns, 24 de abril de 2017
Un filme cada semana...ou cada mes... "O experimento"
Comentamos unha película alemá, que vimos en versión orixinal subtitulada, e vimos tamén o seu "remake" norteamericano. As dúas están baseadas nunha experiencia real, levada a cabo nos Estados Unidos en 1971. Un grupo de homes recibe diñeiro por facerse pasar por gardas e prisioneiros nun cárcere...o experimento acaba índoselles das mans a todos e a violencia resulta, ao final, explosiva...
A película alemá vai avanzando bastante lenta pero ao final estala a brutalidade, suavizada con algúns momentos de humor; a norteamericana ten máis ritmo pero ao final é menos violenta e máis seria. Resultou interesante ver dúas películas que tratan o mesmo tema, e gustounos a experiencia de escoitar, nunha delas, o idioma orixinal...non é tan difícil seguir unha película con subtítulos...
A mensaxe nas dúas é a violencia do ser humano en situacións límite.
3º ESO V.
xoves, 20 de abril de 2017
Paxareando por Coruña (6)
Como diciamos, chega a sexta entrega desta ampla serie de láminas sobre paxaros da cornisa atlántica feitas por Rodrigo López Pérez, alumno de segundo de bacharelato nocturno. Facendo clic podes velo a toda páxina.
mércores, 19 de abril de 2017
Conferencia sobre Teoría de la Relatividad
O pasado 13 de xaneiro o físico José Edelstein deu unha interesante charla sobre a Teoría da Relatividade. Unha alumna, Carolina Sanmartín Pérez, fixo este resumen a "uña de cabalo" sobre o que dicía o conferenciante. Por cousas do espazo-tempo, o seu traballo quedara sen recoller... pero agora os tempos son chegados e aproveitamos para lembrar o publicado anteriormente:
martes, 18 de abril de 2017
Os vínculos da literatura galega coa auga e os ríos.
Powered by
Issuu
Publish for Free
Powered by
Issuu
Publish for Free
Powered by
Issuu
Publish for Free
Estes traballos sobre a Literatura Galega feitos por alumnos de segundo de bacharelato foron desenvolvidos dentro do proxecto "Os Ríos, fonte de vida", coa profesora Benigna Vidal Tomé.
luns, 17 de abril de 2017
Paxareando por Coruña (5)
A quinta entrega das láminas preparadas polo alumno de segundo de bacharelato nocturno Rodrigo López Pérez. Axiña virá a sexta!
mércores, 12 de abril de 2017
Literatura Universal: traballos de alumnos
Estes traballos foron feitos polos alumnos de 1º Bacharelato de Charo Vázquez Mourín:
Para velos, só tes que seleccionar a foto. Se prefires descarregalo en formato epub. aquí están:
Para velos, só tes que seleccionar a foto. Se prefires descarregalo en formato epub. aquí están:
domingo, 9 de abril de 2017
Os ríos: Traballos de Enerxía Hidráulica
Estos traballos foron realizados por alumnado de primeiro de bacharelato dentro da materia de Tecnoloxía Industrial coa profesora Rosa Fernández Salmonte, aproveitando asemade que este curso o tema central da biblioteca son os ríos.
Para ver os traballos a fondo fai clic nas imaxes.
sábado, 1 de abril de 2017
Un filme, baseado nun libro, cada semana...ou cada mes..."A esmorga"
A película está baseada na obra de Blanco-Amor, que narra a historia de tres amigos, chamados Cibrán, Bocas e Milhomes nun día de troula que se desenvolve na cidade de Ourense.
Comeza describindo unha mañá, de camino ao traballo, na que Cibrán se encontra co Bocas e Milhomes xa bébedos, aos que se xunta e cos que remata deambulando pola zona na que viven, parando en tabernas, prostíbulos e demais, deixando tras de sí un rego de desfeitas que acaba con eles de maneira tráxica a causa do alcohol.
Na miña opinión, esta película reflicte moi ben o que se quere transmitir con ese ambiente de tristura dos personaxes, no que se mestura o alcohol, a choiva, a dureza do traballo diario..., manténdose moi fiel á idea que mostra Blanco-Amor na súa obra. En canto ao aspecto audivisual, representa perfectamente ese ambiente escuro da película, coa paisaxe típica galega, e os locais de alterne nos que se respira a soidade dos personaxes no medio da xente.
Aínda que se caracterice por ese sentimento de angustia e tristura, como xa dixen, creo que é un filme digno de ver.
Adrián Soutullo Pandelo, 2º B Bacharelato Nocturno.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)