Este documental conta, con imaxes desde o aire, a mala evolución da Terra a causa da contaminación ambiental, da explotación das enerxías non renovables...tamén nos fala de moitos países produtores de petróleo onde a xente vive en casoupas e sen ningunha axuda, do perigo de que se derrita o xeo do Ártico e de que se inunden as cidades...
É un documental moi interesante xa que nos alerta dos perigos que sofre a Terra en case todos os países, cunhas imaxes impresionantes, algunhas moi impactantes. O narrador conta cousas moi interesantes sobre os perigos da contaminación e da falta do respecto á nosa casa, a Terra.
A mensaxe que pretende dar é un pouco pesimista, non me gustou nada ver tanta xente malvivindo en países con petróleo e diñeiro; pese a isto, o documental é moi recomendable e moi didáctico.
Alfonso Soilán Sánchez, 3º ESO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario