O libro fala de Bruno e a súa familia, que vivían en Berlín e tiveron que irse a Auschwitz polo traballo do pai; Bruno alí non tiña amigos até que, detrás dunha reixa, estaba un neno cun pixama de raias...era un campo de concentración. Fóronse facendo amigos, e cando tiña que volver a Berlín, antes de marchar, buscando a Shmuel ocorre algo terrible...
Gustounos moito este libro, porque é unha historia real; emociona a inocencia de Bruno e entristece a crueldade dos campos de concentración. Ademais, o libro é fácil de ler, entretido, especialmente o comezo e o final; este último encantounos, aínda que é moi triste. A valoración do libro é moi boa.
Nicolás Bodelón, Zeltia Mantecón e Marta Pérez Pose.
Ningún comentario:
Publicar un comentario