A novela trata dun xogador de baloncesto ao que lle asasinan a muller e o fillo mentres xogaba un partido moi importante; ademais, o sarxento Pons e a súa tropa atopan unha vinganza moi elaborada. Os axentes da lei terán que descubrir o dobre crime e demostralo pouco a pouco.
Na miña opinión, a novela é moi boa, gústame a maneira de relatar a historia, a descrición dos personaxes (o protagonista cáeme moi ben), e o tema (o baloncesto é o meu deporte); ademais, gústanme as novelas de asasinatos, outro punto ao seu favor. Só me falla unha cousa: os afeccionados do clube de Ray, o protagonista, son un pouco aloucados...o resto, na miña opinión, perfecto.
Bruno Fernández Villar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario