Un filme cada semana...ou cada mes...
Hoxe vou comentar a película The Straight story, de David Lynch, baseada na historia real de Alvin Straight, quen, aos 73 anos, vai, conducindo unha cortacéspede, de Iowa a Wisconsin, uns 500 quilómetros, visitar ao seu irmán enfermo, con quen non se falaba desde hai 10 anos.
A película ten un ritmo pausado, que se axeita á velocidade á que viaxa Alvin na súa máquina, viaxe longa e lenta na que o protagonista encontra moitos personaxes con algúns dos cales reflexiona sobre as cousas importantes da vida....a banda sonora da película, cunha música suave e repetitiva e os diálogos, sinxelos e breves, acompáñanos na viaxe que realizamos con Alvin a través dunha paisaxe fermosamente fotografada.
Trátase dunha película sinxela pero que transmite importantes valores, como a importancia do amor fraterno e que non hai que sucumbir nunca. Unha lección de forza e humanidade.
Miguel Ocampo. 4º ESO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario