martes, 2 de febreiro de 2016

Un filme baseado nun libro cada semana...ou cada mes...

 




Os miserables.

 Vou comentar o filme Os miserables, baseado na novela do mesmo título de Víctor Hugo. Ao tratarse dun clásico das letras universais, hai una morea de versións cinematográficas...a que comentarei é a dirixida   en 1998 por Bille August e protagonizada por Liam Neeson e Geoffrey Rush entre outros intérpretes.
   A historia comeza contando a triste historia de Jean Valjean, o seu progreso e a mellora da súa vida. Valjean é levado á cadea por roubar pan de mozo; despois de décadas prisioneiro, cando sae, grazas a un crego cambia a súa vida...agora el é xeneroso, bondadoso e moi boa persoa . Conseguiu deixar atrás o seu pasado pero Jabert , un inspector de policía o perseguirá ao longo de toda a película...na segunda parte desta (é bastante longa), a filla de Jean, Cosette, coñecerá a un mozo  revolucionario, Marius, que loita por una Francia libre (estamos nas revolucións liberais da primeira metade do século XIX). O inspector Jabert encontra a Valjean cara a cara e...
   Gustoume moito a película, a ambientación, a intriga, as interpretacións e  a caracterización dos personaxes,  especialmente o protagonista, un personaxe cheo de valores  ao que espero parecerme.
                                                                                                   Javier Verdote, 4ºESO.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario