luns, 27 de abril de 2015

UN LIBRO CADA SEMANA

UN LIBRO, OU UNHA PELÍCULA BASEADA NUN LIBRO, CADA SEMANA

SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL

As uvas da ira
As Uvas da ira, de John Ford, baseado na novela, do mesmo título,  de John Steinbeck.
   Recentemente tiven a ocasión de ver a película As uvas da ira, baseada na novela do premio Nobel de Literatura, John Steinbeck. Inicialmente non me resultaba atraente, pero a medida que foi avanzando foi interesándome máis e máis.
   A historia comeza coa chegada deTom Joad, despos dun tempo no cárcere, á súa granxa, en Oklahoma, para encontrar que a súa familia, como moitas outras, desahuciadas polo banco, collen a estrada e marchan a California en busca dun traballo; estamos nos anos da Gran Depresión...a película relata esa dura viaxe.
    A película foi moi reveladora para min, chamoume a atención a maneira, en xeral humillante, en que se trataba aos personaxes; tamén me sorprendeu ue, pese á unión familiar ,eran pouco dados a mostrar os afectos. Outro detalle que me sorprende é a resistencia do vello camión, cargado até arriba, que parece que non vai aguantar e si o fai...como os seus propietarios.
   Impresionoume moito a excelente fotografía, en branco e negro, eu creo que utilizada simbolicamente para facer ao espectador ver a realidade máis fea e amarga.
   O final deixoume intrigada: conseguirán os Joad, na súa loita por vivir honradamente e ter un traballo digno, a vitoria?
                                                 Lara Pico. 4º ESO.


Ningún comentario:

Publicar un comentario