Recuperamos, agora que están tan de moda os cruceiros, unha das primeiras recensións publicadas neste blogue, hai xa bastantes anos...E quzais máis de actualidade agora que no seu día...
Relín recentemente un libro que vos recomendo, un libro moi curioso. É Algo supostamente divertido que nunca volverei facer, de David Foster Wallace.É unha obra difícil de clasificar: trátase dunha reportaxe para unha revista, pero, en mans de Wallace, transfórmase nalgo a medio camiño entre o xornalismo e a literatura. É a crónica dun cruceiro polo Caribe que, a través dos ollos do autor, resulta ser unha experiencia esgotadora, contraria ao que se promete desde os folletos publicitarios e que se irá facendo cada vez máis insoportable até chegar a presentar o desembarco como unha liberación.
É unha obra humorística até o absurdo, cun estilo por veces prolixo (isto é o que menos me gusta) que desmitifica as supostas marabillas dos cruceiros paradisíacos e, por extensión, satiriza o consumismo salvaxe da sociedade estadounidense de finais do século XX (o libro é de 1997).
Moi recomendable para quen pense embarcarse este verán...
S.P.
Ningún comentario:
Publicar un comentario