O filme trata dun grupo de bonecos cuxo dono se fai maior e bótanos no lixo, excepto a Budy, que foi a unha gardaría que, aínda que ao principio parecía ben, sería practicamente o cárcere dos bonecos...
A película xa empeza ·"forte", porque botan aos bonecos no lixo, e a min gústame que as pelis empecen con problemas para os protagonistas. O boneco que máis me gusta é o dinosauro, porque é torpe e non moi intelixente, recórdame a min...A película dá un xiro de 90 graos cando o tenro osiño resulta ser o malo da película: cóntanos que foi abandonado pola súa dona e sente ira e rabia...Gústame moito o papel de "malote" do osiño...
Na miña opinión, é a mellor película de animación da historia.
Ángel Díaz Jiménez, ESA 3, Adultos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario