sábado, 16 de xaneiro de 2021

Unha serie cada semana...ou cada mes..."The Umbrella Academy"


    A Academia Umbrella segue aos membros  separados dunha familia disfuncional de superheroes, nacidos en estrañas circunstancias, chamada The Umbrella Academy. Todos os superheroes empezan a traballar xuntos para resolver a misteriosa morte do seu pai, mentres se enfrontan a moitas dificultades debido ás súas personalidades e habilidades diverxentes. Ademais, deben enfrontarse á ameaza da Apocalipse. 

      É unha serie sobre persoas con superpoderes fóra do típico que sempre se ve; ten un estilo algo máis escuro sen ser monótono. Presenta a unha familia de superpoderes como inadaptados para tratar o trauma da súa infancia. Contén humor sarcástico e cru.

Doulle un oito.

                                                                             Pávila Juliane de Oliveira, ESA 3, Adultos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario