O libro
trata sobre o pasado de Amaia Salazar, anos antes dos crimes do Val do
Baztán, en Navarra. Está ambientado en Nova Orleans, que despois do paso do
furacán Katrina, volve a ver unha serie de asasinatos cometidos por unha persoa
que conclúe a matanza despois do paso dos furacáns, neste caso o Katrina. O
asasino é chamado "O compositor"pola policía, porque unha pista que deixa é un
instrumento musical.
Este libro gustoume moito porque é das poucas novelas
en que "me metín" na historia; , tamén porque trata sobre temas un pouco descoñecidos,
como a mitoloxía de Nova Orleans, moi interesante por certo. Tamén hei de dicir
que a autora arriscouse a facer unha historia sobre un personaxe xa creado na
triloxía do Baztán e conseguiu sorprenderme aínda máis, porque cría que non
se podía crear unha historia tan fascinante dun personaxe ambientada no pasado.Pablo Miñambres López_Perea, 1º Bacharelato Adultos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario