mércores, 17 de abril de 2019

Un filme cada semana...ou cada mes..."A teoría do todo"

 
 
 
 
   O filme de James Marsh retrata as alegrías e tristezas, as teorías e descubrimentos, a vida familiar, a xuventude e a madureza, do astrofísico británico Stephen Hawking, unha das maiores mentes do noso tempo.
  Baseada na novela Ata o infinito, escrita por Jane Wilde, quen fora a primeira esposa do científico, a película introdúcenos na vida privada de Hawking, desde os seus inicios  nas universidades de Oxford e Cambridge até a súa terrible enfermidade. Optou a cinco Óscar, entre eles o de mellor actor para Eddie Redmayne, que xa logrou o Globo de Ouro por esta interpretación.
  Aínda que os dous protagonistas ofrecen grandes actuacións, o filme está, na miña opinión, sobrevalorado, e cae no melodramático. En vez de conseguir achegar o personaxe de Stephen Hawking e o seu lado máis humano ao espectador, o único que consegue é que choremos ou sintamos compaixón por el.
 
                                           Diana Prego Arriero. 1º Bacharelato Adultos.
         

Ningún comentario:

Publicar un comentario