martes, 1 de maio de 2018

Un filme cada semana...ou cada mes..."1898. Los últimos de Filipinas"

 
 
 
   A película, baseada en feitos reais,  narra a guerra da independencia de Filipinas, a penúltima colonia de España, e mostra un grupo de soldados que ignoraba  que a guerra xa rematara e continúa defendendo a igrexa onde se refuxiaran. Son os chamados "Os últimos de Filipinas".
  A película provocou diversidade de opinións entre nós. Á maioría gustounos, pero houbo algunha voz crítica. Os motivos destas opinións negativas foron a excesiva duración, con escenas moi repetitivas, a mala vocalización dos actores e a dureza das imaxes, que, se es moi sensible, poden incomodarte. Por outra banda, en cambio, valoramos  o que aprendemos sobre unha parte da nosa historia que descoñeciamos. Ademais, trátase dunha película antibelicista, non presenta a visión heroica que se dá ás veces neste tipo de filmes (por exemplo, na película sobre o mesmo tema de 1945), senón que transmite unha visión negativa das guerras.  A esta visión, contribúe  a fotografía, escura en xeral, probablemente para simbolizar mellor o escuro da guerra.
  E o que nos gustou moito foi a canción "Yo te diré", que xa se interpretaba na versión antiga, pero que nesta está modernizada.
                              Lucas González, María Gundín e Silvia  Romero, 3º ESO V.  


Ningún comentario:

Publicar un comentario