A película conta a historia dun actor de cine mudo moi famoso, que coñece a unha rapaza aspirante a actriz. Ela faise famosa coa chegada do cinema sonoro, mentres el inicia a súa decadencia...
A película gustoume bastante, é divertida e á vez dramática, e moi entretida. Ao ser en branco e negro, e muda, pensei que non me ía gustar, pero ao ser moderna, si que me gustou. A banda sonora é do mellor da película.
Ademais de entreterme, o filme transmíteme algúns valores, como que non hai que ser orgulloso, porque podes afundirte máis rápido (pásalle a George, o protagonista masculino), e que, se persegues os teus soños, podes conseguir que se fagan realidade, ademais de que a humildade e a bondade nunca se deben perder; isto transmíteo Peppy, a personaxe feminina.
En resumo, póñolle case as cinco estrelas que podía adxudicarlle.
Jesús Mocerino, 3º ESO V.
Ningún comentario:
Publicar un comentario