A película, versión animada moi libre da novela de Wenceslao Fernández Flórez, desenvólvese nun bosque animado, onde os protagonistas son toupas. Todos os problemas comezan cando os humanos instalan un poste telefónico. Un vello rapta unha toupiña e o seu mozo vai rescatala dos humanos, e coa axuda dun rato, a gatiña da casa e as moscas, conségueno.
O que máis me gustou da película foi que tiña sentido do humor, aínda que non me gustou a mala vocalización; o argumento, ademais, pareceume un pouco infantil. A música pareceume pasable e a animación algo básica, pero tendo en conta que a película é de hai dezasete anos, está bastante ben.
Quedei cunha mensaxe ecolóxica: as árbores sofren a nosa necesidade de madeira para mobles; aínda que comprendo que non nos queda, ás veces outro remedio, non debemos excedernos, xa que hai que pensar máis na natureza.
Luna Vázquez Angulo, 3º ESO V.
Ningún comentario:
Publicar un comentario