Este filme documental trata sobre uns nenos que teñen dificultades para ir á escola, teñen que facer un percorrido enorme para chegar. A escola é o máis importante para eles, porque é un privilexio e un desexo adquirir coñecementos para a vida futura. Nos países onde viven, a ensinanza é diferente á nosa, pero a valoran máis ca nós. Isto ensínanos a sorte que temos de poder ir á escola.
Pareceume un documental moi interesante, fainos aprender que hai algúns rapaces, ao contrario que moitos de nós, que desexan ir a clase. Móstranos uns nenos andando moitas horas para ir á escola, a través dunhas paisaxes extraordinarias; ademais das distancias, teñen que ter coidado cos perigos que os asexan, como animais salvaxes.
O filme está moi ben, concédolle a máxima valoración.
Miguel Martínez García. 3º ESO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario