O libro ten dous personaxes principais: Javi e Jorge. As historias comezan a ser narradas por separado, Javi, con 16 anos, Jorge, duns 50 aproximadamente. Javi "lata" a clase e é un sicario; Jorge é un solteiro que traballa nunha empresa madeireira; vive nun hostal con cuxa recepcionista mantén un lixeiro e á vez apaixonado romance...
Este libro gústame moito, encántame como está contada a historia: dúas historias totalmente opostas é o que máis me chamou a atención. Os protagonistas son excelentes, o meu favorito é o adolescente porque logro empatizar con el. Aínda que o libro non sexa unha comedia, a min si mo resulta nalgunhas partes.
O final resúltame sorprendente, pois as dúas historias finalmente se unen de xeito inesperado.
Julio Casal, 4º V.
Ningún comentario:
Publicar un comentario