Fernanda de Castro, Ao fim da memória(1906-1939).
Acabo de ler, levaba tempo adiándoo e por fin o fixen, a primeira parte das memorias da escritora e filántropa portuguesa Fernanda de Castro. Neste primeiro tomo, máis de trescentas páxinas que se len sen sentir, a autora, sen seguir una estrita linearidade, mesturando diferentes momentos da súa biografía, comparte cos lectores os momentos transcendentais da súa intensa existencia (algúns dramáticos, como o a morte da súa nai tendo ela doce anos, outros fermosos, coma os nacementos dos seus fillos...) pero tamén anécdotas e vivencias envexables (como as súas relacións con personalidades como Társila do Amaral, Pirandello, Mircea Eliade, Unamuno e tantos outros). Regálanos tamén reflexións poéticas sobre cousas fermosas da existencia.
Aínda queda o segundo tomo, outras trescentas páxinas, pero xa teño diante miña perfectamente trazada, a imaxe dunha muller de forte carácter, valente, apaixonada, que viviu una longa vida superando os momentos duros e desfrutando intensamente dos bos...e todos eles compartidos cos lectores, narrados cun estilo moi expresivo, grave cando é necesario, poético, humorístico tamén...fermoso e sinxelo, o cal é un estímulo para quen queira iniciarse na lectura en portugués. Ou para calquera amante da boa literatura.
Susana Piensos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario