Esta película está baseada na novela gráfica do mesmo título. As dúas baséanse na vida da autora, Marjane Satrapi desde que, nena en Irán, sofre a revolución que acaba coa súa felicidade, obrigando ás mulleres a poñer veo na cabeza e a non usar roupa axustada; estaba, ademais, prohibido fumar, oír música e beber. Na película cóntase tamén a súa marcha a Austria, xa adolescnte, etapa tamén moi desgraciada. Despois, a volta a Irán, porque estrañaba a súa familia e, finalmente, polos seus desexos de ser libre, a volta a Europa, xa definitiva.
A película resultoume moi instrutiva, porque non sabía que os iranís vivían coma nós antes da revolución islamista; ademais, transmite valores, para min, o principal, que as persoas deberían ser libres para facer o que queiran e dicir o que pensan.
Os personaxes principais están ben descritos: Marjane é unha rapaza valente e amante da liberdade, igual que o seu tío, un loitador; a avoa, divertida pero firme nas súas ideas; os pais, dominados polo medo...
Tecnicamente a película, que é banda deseñada, é moi boa, gustoume especialmente a simboloxía do blanco e negro, nos flash- back, en oposición á cor, no presente desde o que Marjane lembra a súa vida...en definitiva, a película gustoume moito, porque mostra a realidade dunha muller que tivo que sufrir a guerra no seu propio país.
Ainara Santiago, 4º ESO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario