xoves, 3 de febreiro de 2022
domingo, 30 de xaneiro de 2022
Un libro cada semana...ou cada mes..."O diablo e o mar escuro"
A novela trata
sobre unha persoa chamada Samuel Pipps, un detective famoso en todo o mundo, que está prisioneiro nun barco que vai rumbo a Amsterdam, onde está destinado a
enfrontarse a un xuízo e á forca. Xunto ao detective viaxan o seu mellor amigo
Arent, que está disposto a probar a inocencia de Pipps e Sara Wessel, que é a
muller do gobernador de Batavia, cidade situada nas Indias Orientais. Xa a
bordo, e posto o rumbo a Amsterdam, sucédense unha serie de misteriosos acontecementos que aterrorizan a toda a tripulación e pasaxeiros: un extraño símbolo aparece
nunha vela, un leproso morto anda polo barco e varios animais aparecen
sacrificados. E por se fose pouco, unha aterradora voz di aos pasaxeiros
unha terrible profecíaque é que van ser testemuñas de tres milagres diabólicos:
unha persecución inverosímil, un robo inconcebible e un asasinato imposible de
cometer. Co famoso detective entre reixas, Arent e Sara terán que resolver
sós o misterio que ameaza a todos con envialos ás profundidades do mar.
Esta novela é
perfecta para os amantes de Sherlock e Master and Commander, xa que submerxe o
misterio nas profundidades do mar.
domingo, 23 de xaneiro de 2022
domingo, 16 de xaneiro de 2022
Un libro cada semana...ou cada mes..."El desorden que dejas"
A novela trata
sobre unha profesora en horas baixas chamada Raquel, que acepta unha suplencia
nun instituto de Novariz, unha vila situada no corazón de Galicia, onde
casualmente naceu seu marido. No primeiro día de traballo, ao finalizar as clases, encontra no seu bolso unha nota que di “ e ti, canto vas tardar en morrer?”.
Decidida, Raquel fará todo o posible por averiguar por que recibiu esa ameaza. O
que arranca como unha historia de acoso a unha profesora convértese nun
thriller perverso.
Esta novela está
moi ben porque dá visibilidade ao acoso que sofren os profesores, tamén porque é
unha disección da debilidade humana, da culpa, da fraxilidade, das relacións e
das mentiras e segredos sobre os que montamos as nosas vidas sen calibrar e ser
conscientes das consecuencias.
domingo, 2 de xaneiro de 2022
Un filme cada semana...ou cada mes..."Como entrenar o teu dragón"
Conta a historia dun pobo viquingo que mata dragóns, pero o débil fillo do xefe da tribo cambiará a historia do seu pobo cando se atope cun dragón...
É unha película de debuxos animados, que, polo xeral, xa me gustan, pero esta gustoume especialmente. Ten unha boa historia, está moi ben feita, e engancha; ademais, de cando en vez fai rir.
Carlos Andrés Lemus Holguín.



