luns, 1 de setembro de 2014

UN LIBRO CADA SEMANA

UN LIBRO CADA SEMANA (SEMANA DO 1 AO 5 DE SETEMBRO)



Relín recentemente un libro que vos recomendo,  un libro moi curioso. É Algo supostamente divertido que non volverei facer, de David Foster Wallace. É unha obra difícil de clasificar: trátase dunha reportaxe para unha revista, pero, en mans de Wallace, tránsformase en algo a medio camiño entre o xornalismo e a literatura. É a crónica dun cruceiro de luxo polo Caribe que, a través dos ollos do autor resulta ser unha experiancia esgotadora, contraria ao que se promete desde os folletos publicitarios e que se irá facendo cada vez máis insoportable até chegar a presentar o desembarco como unha liberación. É unha obra humorísitca até o absurdo, cun estilo ás veces prolixo (isto é o que menos me gusta) que desmitifica as supostas marabillas dos cruceiros paradisíacos e, por extensión, satiriza o consumismo salvaxe da sociedade estadounidense de finais do século XX ( o libro é de 1997). Moi recomendable para quen pense embarcarse un destes veráns…
Susana Piensos, prof. de lingua galega e literatura no IES 'Eusebio da Guarda'.


(Foto de Wallace tomada da Internet)

Ningún comentario:

Publicar un comentario