mércores, 2 de xullo de 2014

CRÓNICAS VIAXEIRAS DOS CAZATESOUROS



CRÓNICAS VIAXEIRAS DOS ‘CAZATESOUROS’ 

Visitei Porto. Gustoume moitísimo, e o portugués máis ou menos o entendía case todo. É unha cidade moi bonita: a un lado está Gaia, que é máis moderna e enfronte Miragaia, que é máis vello, pero igualmente fermoso. Comín paella de bacallau, e “francesinhas”, unha especie de sándwich envolto en queixo que leva carne, chourizo e unha salsa, moi rico.
Museos non visitei, nin puiden entrar nas librerías porque nos coincidiu en domingo. Queda iso para outra vez. Pero si fixen algunha compra: unha figuriña dun barco, un imán para a neveira e una libreta cunha foto do Porto na portada. Pregúntanme se os portugueses son guapos. A verdade é que non me fixei moito… Si que me impresionou Porto, é unha cidade espectacular.
Julia Barral Ávalos
                                                                                 

Eu estou de campamento, e un raposo pilloume un dedo. En serio. Era pola tarde. Estou en Chichester, no sur de Inglaterra. Somos trinta españois (nenos e nenas), catro rusos, un italiano e dous ingleses. De momento temos 180 minutos de clase práctica de inglés, e outras tres horas de actividades físicas. As casiñas nas que estamos instalados están moi ben e non vai frío. A comida pódese mellorar. Non trouxen libros pero si unha libreta. Foi aquí, ao lado da casa, onde me mordeu o dedo o raposo. Que conste que non atacan, son mansiños; eu estaba de cócoras e achegouse buscando comida. Non era a primeira vez que vía un raposo, cando era pequeno en Cobas tiñamos un de mascota, e alimentabámolo con filetes. Do topónimo (Chichester) o único que sei é que ten a terminación típica que aparece noutros, Winchester, Westiminster, pero non sei o que pode significar Chich-
Pregúntanme se xa visitamos a catedral, a verdade é que aínda non, iremos mañá.
 Andrés Lois Graña Sánchez.

                                                                                 

Ningún comentario:

Publicar un comentario