mércores, 18 de xuño de 2014

Club de lectura


GARIMPEIROS DA BELEZA


Para todos vós, os garimpeiros da beleza (hai un tema, unha canción de Ana Carolina que tamén canta Maria Bethania que empeza así: Garimpeira da beleza…), velaquí vai unha relación de títulos comentados este curso no club de lectura dos venres:

El libro de las tierras imaginadas, G. Duprat.

Liquidación final, Pétros Márkaris. Este autor é coguionista, xunto con Theo Angeloupoulos destas películas: “Alejandro Magno” (1980), “El paso suspendido de la cigüeña” (1991), “La mirada de Ulises” (1995), “La eternidad y un día”(1998).

Carta de una desconocida, Stefan Zweig. Hai unha versión cinematográfica deste relato de Zweig dirixida por Max Ophüls. Outras películas de Ophüls baseadas en textos literarios son: “Le plaisir”, sobre tres contos de Guy de Maupassant (“La máscara”, “La casa Tellier” y “La modelo”) e “La ronde”de Arthur Schnitzler.

1280 almas, Jim Thomson. Deste mesmo autor, Los timadores. Thomson é o guionista de“Senderos de gloria” (1957) e de “Atraco perfecto” (1956), ambas as dúas de Santley Kubrick.

De ratones y de hombres, J. Steinbeck .

New yorkers, O’ Henry. Na película “Full House” (1952), de Henry Hathaway, podemos ver a John Steinbeck presentando os contos de O’ Henry.

Los duelistas, Ridley Scott.

El duelo, J. Conrad. Do mesmo autor, El corazón de las tinieblas. Na película “Apocalypse now” de F. Coppola, o director baséase en Kurt, o personaxe de Conrad, e tamén se inspira en Lope de Aguirre.

La ley de la calle, Susan H. Hinton.

La aventura equinocial de Lope de Aguirre, R. J. Sender. Sobre o tema que trata Sender na novela se basea W. Herzog para a súa película “Aguirre, la cólera de Dios”.

Réquiem, Tabucci. Levada ao cine por Alain Tanner.

El desierto de los tártaros, Dino Buzatti.

Momentos estelares de la humanidad, catorce miniaturas históricas de S. Zweig.

La semilla inmortal, os argumentos universais no cine, de J. Balló e X. Pérez.

El bolso de Ana Karenina, Anna Caballé.

Carmen Laforet, Anna Caballé.
Julia Pedrido,

Ningún comentario:

Publicar un comentario